Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Onte, no campo de terra de fútbol de Conxo, disputouse un encontro amigable en honra a un compañeiro e amigo que pola mala fortuna, foinos quitado o día 28 de Xullo deste ano. Todos sabemos que a estrada é traizoeira, e levounos a unha das millores persoas que había no mundo. Se non soa a tópico cando se di que sempre se van os millores... neste caso é ben certo... Foise un excelente amigo, co que eu compartín numerosas anédotas, diversos partidos de fútbol e de baloncesto... Moitas aventuras, e dame moita mágoa que non foran moitas máis... Coñecín a Óscar no Antón Fraguas, foi comigo dous ou tres cursos no instituto, e xa fixemos boas migas dende o primeiro día... Correxíame os traballos e deberes da clase (era moi bo estudante e moi traballador), xogamos pachangas no recreo de fútbol (el era un grandísimo xogador, deso os do Conxo tiñan moi boa nota, ó igual que o Compos...) e tamén de baloncesto... (como desesperaba con el, ademais de ser alto, era o único capaz de facer mates sen pestanexar...) En fin, un grande amigo, grande compañeiro, estudante, mozo, fillo... Unha grandísima persoa... Quero pensar que el saiba que estea onde estea, sempre o recordaremos e non sairá nunca da nosa memoria esa imaxe sorrinte que el sempre tiña na faciana... En fin Óscar es o millor... O partido foi entre o seu equipo, o Conxo de xuvenís e unha selección dos grandes compañeiros cos que el estivo xogando gran parte da súa vida... O partido comezou bastante turbio, con varias ocasións dos dous equipos... O primeiro gol foi do Conxo, un excepcional remate de cabeza que non puido deter Vilarinho, a pesar de estar moi ben posicionado... Pero, minutos despois este home tiña que aparecer... Iván Pérez, actual xogador do Laracha de Terceira, driblou de maneira incríble a dous rivais e conectou un fortísimo disparo coa esquerda... Vaia golazo!!!! O máis emotivo e que todo o equipo foi a darlle un abrazo á nai de Óscar e Iván alzou a súa mirada e o seu brazo ó ceo... Para ti Óscar... Unha excelente actuación do gardameta Óscar Vilarinho evitou que o Conxo se adiantase ó marcador... Na segunda metade, a selección impúxose con tres excelentes tantos, pero daba igual, porque o partido era para Óscar. O público ovacionou a ámbolos dous equipos, que deron espectáculo, todo o que puideron para Óscar... Lembrarémoste sempre, non te esqueceremos... Fecha: 11/12/2005 19:06. Fecha: 04/01/2006 22:41. Fecha: 08/05/2007 15:45. |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras